domingo, 16 de diciembre de 2012

CRONICA:



Paso Miúdo ou a metáfora do saber vivir. Porque Paso Miúdo ten a grandeza de ser pequeno. Porque vive cada ruta como si fose a primeira, a última. Porque da o mesmo que vaias a todas ou cando podas. Porque sempre te sentes un mais. En familia, con amigos. Porque se valora ós que acoden e sempre se pregunta polos que faltan. Polos sorrisos, polo compañeirismo.... e porque como hai que facer na vida saca o mellor de cada ruta e quédase co realmente importante.

E o certo é que coa Ruta das Bidueiras se fixo tal cual. Nin o dia acompañaba, nin a ruta é das que quedará nas nosas memorias.( A ruta non, o 306 blanco LU-....-S por suposto). " A saída será ás 8 da mañá da casa de..." rezaba o correo de Ángel, e así foi. Caras novas que deixarán de selo, habituais, insustitibles, e algún pouco asiduo. E empeza o dia.

Primeiros sorrisos, primeiras verbas, e cambio de bus en Pedrido, que ten o seu aquel. Café no Montero dos que xa entran e chegada ó inicio da ruta. Inicio compartido coa da auga e co camiño norte. Cruzar a estrada,a vía,a ponte e andando. Alí queda a capela do San Alberte e a camiñar. O dia non se presta. Aínda así unha rapaza debutante de Burela dí: -¡ qué contenta vou !. Xa é de Paso Miúdo.

O dia está frio. Chove por momentos. A paisaxe non sorprende e costa arrancar. Unha recta de piñeiros, ¿ as bidueiras ?, pregunta alguén e responde Javi: -Alí hai unha... A frase foi o preámbulo do acontecemento que algún medio calificou como " Importarte descubrimento " .

A monotonía empeza a apoderarse do ambiente. Empeza o grupo a estirarse, as conversas a centrarse pero a visión dun coche branco ao lonxe sacúdenos algo a apatía. -¡¡ Debe ser de un cazador !!- exclamou alguén dende a cabeza, e todos a botar cábalas.

O coche deixa de selo. Xa é un 306. Pasos, máis preto. Un cazador. O dono dun monte. Hipóteses. Pasos. Xa ten matrícula LU- 7... -S. Mais preto. Pasos. Os de diante pasan ao carón. Miran. Seguen. Pasos. Mais preto. Pasan. Cristais empañados. Seguen pasando. Miran, ollan, nada extrano, máis cábalas¡¡ cristais empañados !!, alguén dentro. ¿ Un borracho?. Fixo. Todos diante. Vouno saber. Voume fixar...

¡¡ Oh que ma parta unha centella !!. ¡¡ Quén me mandaría a min !!.- Deso teño eu visto moito, tranqulizoume Javi. Un profesional.

O bo do descubrimento deu moito xogo pero foi unha alegoría á vida. Risas, comentarios de todo tipo que fixeron mais levadeira a camiñata. A choiva, outro acompañante preto dos dez kms. Case todos por pistas en moi boas condicións e algún tramo no que as bidueiras sí foron protagonistas e crean estampas para inmortalizar. Por suposto tamén houbo parada para avituallamento no mirador dende onde se ve a autovía e un tramo final a carón do río ata chegar ao punto de partida. Fotos e sorrisos.

E despois ao Mesón da Cabra a comeeerrr.... e outra vez a grandeza deste grupo, pois sabe converter un comedor grande e frio no mais acolledor dos recunchos. Co calor da amizade e coas historias que xa se foron forxando ao longo destes anos. Seguimos empapándonos da memoria prodixiosa de Ángel, que recorda cada ruta ata o último detalle. Como ten que ser. Como creador dun grupo maestro en sacar só a parte positiva de cada persoa, de cada intre, de cada pasada.

Para rematar, dicir que de segundo prato a inmensa maioría escolleu ovos con chourizo. ¿ Qué imaxes recentes influirían na decisión ?.

Peugeot 306. Un gran coche, e amplío.

No 2013, a seguir dando pasiños. Unha aperta.

Luís Miguel Yáñez